Depo Aventura
Nome do programa: Depo Aventura
Obxectivos: fomentar o desenvolvemento persoal e social das rapazas e rapaces e favorecer a comunicación e o dinamismo multicultural.
Destinatarios: nenas e nenos da provincia de Pontevedra
Tamén poderán participar:
- Menores en situación de tutela ou garda por parte da Administración que se atopen en acollemento residencial nun centro da provincia de Pontevedra
- Menores que precisen un apoio específico derivado dalgún tipo de diversidade funcional ou doutra patoloxía
Actividades que se desenvolven: o programa permite que 2.200 menores empreguen o seu tempo libre no verán participando en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo que contribúan ao seu enriquecemento persoal e lles faciliten coñecer outros lugares fóra da súa contorna habitual.
Medios: recursos humanos e materiais à a través dunha empresa especializada na materia.
Tempo previsto para a súa consecución: cada ano realízanse traballos de implantación e desenvolvemento do programa (desde finais de xuño ata principios de setembro).
Enlace da web: https://www.depo.gal/web/depo-aventura
Última modificación: luns, 21 outubro 2019