Consulta pública previa

Ordenanza reguladora do uso, funcionamento e organización do Castelo de Sobroso



Servizo responsable da iniciativa:

Turismo Rías Baixas

Estado actual:

Pechada

Prazo para a remisión de consultas:

Do 16 ao 24 de xuño

INFORMACIÓN SOBRE A NORMA

Antecedentes:

Trátase dunha ordenanza de nova creación

Necesidade e oportunidade da súa aprobación:

A propiedade do castelo de Sobroso é do Concello de Ponteareas, se ben lle cedeu gratuitamente o seu uso á Deputación de Pontevedra co fin de integrar o conxunto monumental na rede de recursos turísticos da provincia e mellorar a eficiencia da xestión pública.

Tendo en conta que o castelo de Sobroso constitúe un importante recurso turístico patrimonial da provincia de Pontevedra, a Deputación puxo en marcha o proxecto de musealización, actualmente en execución.

Este proceso require a adopción de medidas de xestión nos servizos e nas actividades que se vaian realizar a partir da apertura do castelo, unha vez completado o proceso de musealización.

Obxectivos:

Regular o uso, funcionamento e organización do castelo de Sobroso, determinando as normas e condicións dos servizos que se prestan e as actividades que se realizan

Rango da norma:

Norma de rango regulamentario (ordenanza local)

Última modificación: venres, 25 xuño 2021