Consulta pública previa

Ordenanza reguladora do funcionamento da rede de oficinas de turismo Info Rías Baixas



Servizo responsable da iniciativa:

Turismo Rías Baixas

Estado actual:

Pechada

Prazo para a remisión de consultas:

7 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación. Desde o 27 de setembro ata o 5 de outubro de 2021

INFORMACIÓN SOBRE A NORMA

Antecedentes:

A norma que se vai elaborar é a modificación da Ordenanza reguladora da creación da rede de oficinas de turismo Info Rías Baixas, aprobada inicialmente polo Pleno da Corporación provincial da Deputación Pontevedra, en sesión ordinaria de 23 de febreiro de 2018, e elevada a definitiva ao non presentarse reclamacións contra ela no período de exposición pública.

O texto íntegro publicouse no BOPP, núm. 93, de 15 de maio de 2018.

Necesidade e oportunidade da súa aprobación:

Transcorridos máis de tres anos desde a súa entrada en vigor, cómpre modificala para adaptar o funcionamento ás necesidades detectadas durante este tempo.

Obxectivos:

Regular o procedemento de adhesión e funcionamento da rede de oficinas de turismo Info Rías Baixas co fin de proporcionar un servizo de atención de calidade, unha imaxe unificada do destino e unhas características homoxéneas do servizo de atención, mellorando o grao de satisfacción das persoas visitantes.

Rango da norma:

Norma de rango regulamentario (ordenanza local)

Última modificación: mércores, 06 outubro 2021