ORAL-Xestión tributaria

ICIO

 

Que é o ICIO?

O imposto sobre construcións, instalacións e obras (ICIO) regúlase nos artigos do 100 ao 103 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, no que se establece que é un tributo indirecto cuxo feito impoñible está constituído pola realización, dentro do termo municipal, de calquera construción, instalación ou obra para a que se esixa a obtención da correspondente licenza de obras ou urbanística, obtivésese ou non esa licenza, ou para a que se esixa a presentación de declaración responsable ou comunicación previa, sempre que a expedición da licenza ou a actividade de control lle corresponda ao concello da imposición.

Quen ten que pagar o ICIO?

Son suxeitos pasivos deste imposto, a título de contribuíntes, as persoas físicas, xurídicas ou entidades do artigo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria, que sexan propietarias da construción, instalación ou obra, sexan ou non propietarias do inmoble sobre o que esta se realice.

Para os efectos previstos no parágrafo anterior terá a consideración de propietaria ou propietario da construción, instalación ou obra quen soporte os gastos ou o custo que comporte a súa realización.

No caso de que a construción, instalación ou obra non sexa realizada polo suxeito pasivo contribuínte terán a condición de suxeitos pasivos substitutos do contribuínte os que soliciten as correspondentes licenzas ou presenten as correspondentes declaracións responsables ou comunicacións previas ou os que realicen as construcións, instalacións ou obras.

O substituto poderá esixir da persoa contribuínte o importe da cota tributaria satisfeita.

Concellos que delegaron o ICIO no ORAL

  • Baiona
  • Barro
  • Caldas de Reis
  • Campo Lameiro
  • Cangas
  • Catoira
  • Covelo
  • Cuntis
  • Estrada, A
  • Fornelos de Montes
  • Lalín
  • Meis
  • Moaña
  • Mos
  • Nigrán
  • Oia
  • Porriño, O
  • Poio
  • Ponteareas
  • Pontecesures
  • Salceda de Caselas
  • Salvaterra de Miño
  • Sanxenxo
  • Silleda
  • Soutomaior
  • Tomiño
  • Tui
  • Vilaboa
  • Vilanova de Arousa

Trámites

  • Solicitude de liquidacións de ICIO
  • Presentación de recursos e reclamacións
  • Solicitude de certificados de débedas
  • Solicitude de fraccionamentos de débedas

Normativa

Non atopas o que buscas? Chámanos ao 886 211 400 e te axudaremos a atopar a información que necesitas. Tamén podes mandarnos unha consulta por escrito a través do seguinte acceso: CONTACTA

ACCESO RÁPIDO