Modificación do Regulamento de organización e funcionamento da escola infantil de 0 a 3 anos do Centro Príncipe Felipe
Servizo responsable da iniciativa:
Centro Príncipe Felipe
Estado actual:
Pechada
Prazo para a remisión de consultas:
Do 18 ao 29 de marzo de 2021
INFORMACIÓN SOBRE A NORMA
Antecedentes:
Trátase dun regulamento de nova creación, polo cal non existe ningún regulamento anterior a esta norma.
Necesidade e oportunidade da súa aprobación:
O obxecto do regulamento é establecer a organización e funcionamento da escola infantil de 0 a 3 anos do Centro Príncipe Felipe da Deputación de Pontevedra.
Obxectivos:
Permitir a mellora constante das relacións entre a Dirección da escola, as nais, pais ou titores, as educadoras e os educadores, e a Administración titular do centro, así como do procedemento de adxudicación de prazas e das condicións de uso.
Rango da norma:
Regulamento no que se establece o réxime orgánico da escola infantil e o seu réxime funcional.
Descargas:
Regulamento da organización e funcionamento da Escola Infantil de Príncipe Felipe
Última modificación: martes, 30 marzo 2021