Noticias

O Museo acolle este xoves un concerto de violín e piano con pezas coetáneas da viaxe de Castelao por Europa en 1921

O dúo ‘Loura' interpretará obras nacionalistas e impresionistas galegas e do resto de Europa focalizadas nos gustos do autor rianxeiro


18 xaneiro 2022
Dúo Loura

O Museo de Pontevedra acollerá este xoves un concerto de violín e piano no que se interpretarán pezas nacionalistas e impresionistas de principios do século XX de compositores galegos e europeos centradas nos gustos de Castelao. O concerto, baixo o título ‘Cadros para unha exposición. Castelao en Europa. A viaxe de 1921', é unha actividade complementaria á mostra sobre o autor galeguista - aberta ata o día 23- que pretende facer un percorrido polos autores que escoitou o rianxeiro durante o seu periplo formativo por Francia, Bélxica e Alemaña.

A actuación será este xoves no Edificio Castelao ás 19.30 a cargo do Dúo Loura, formado por Lourdes Olvés (violín) e Raúl Rodríguez (piano). A primeira parte incluirá a interpretación de ‘Alborada' de Pascual Veiga, ‘Rosa de abril' e ‘Romanza' de Andre´s Gaos, ‘Lonxe da terrin~a' e ‘Muin~eira' de Juan Montes, e ‘Unha noite e os teus ollos' de Chane´. Na segunda parte inclúense pezas como ‘Danza espan~ola' de Granados e ‘Cancio´ns populares espan~olas n° 3 e 5' de Manuel de Falla, ‘Sicilienne' de Gabriel Faure´ e ‘Pavane por une infante de´funte' de Maurice Ravel, ademais de ‘Nocturno Vigo' de Reveriano Soutullo, ‘Cantabile (arr.)' de Manuel Quiroga e ‘Lela (arr.)' de Juan Dura´n.

Trátase dunha selección que dá continuidade ao repertorio escollido na inauguración da mostra e da nomenclatura do Edificio Castelao o pasado 2 de decembro, cando o mesmo Dúo Loura interpretou algunhas pezas musicais relacionadas coas vivencias, cavilacións e actividades culturais que o rianxeiro tivo nos nove meses da súa etapa fóra de Galicia en 1921.

O concerto será unha das últimas actividades relacionadas coa exposición ‘Castelao en Europa. A viaxe de 1921', que pecha este domingo día 23. A entrada será libre ata completar capacidade. Está tamén aberta a inscrición no obradoiro para reinterpretar tipograficamente textos e imaxes do Diario de 1921 de Castelao que se celebrará o sábado 22 de xaneiro de 11.30 a 13.30h. Para participar é preciso apuntarse en educacion.museo@depo.gal

Dúo Loura

Lourdes Olbe´s nace no seno dunha familia aficionada a´ mu´sica. Violinista e viola gambista, posu´e unha ampla variedade de repertorio, levando a mu´sica ao pu´blico en calquera tipo de formacio´n.

Comeza os seus estudos de violi´n e viola da gamba no Conservatorio Profesional de Mu´sica Manuel Quiroga con Marina Quintilla´n e Arqui´medes Artal, continua´ndoos no Conservatorio Superior de Vigo con Mario Peris e Sara Ruiz. Titulada no Ma´ster de Interpretacio´n Solista no Centro Superior Katarina Gurska de Madrid con Vicente Cueva.

Formou parte de numerosas formacio´ns tales como a Orquestra Xove da Sinfo´nica de Galicia, a Orquestra Vigo 430, a Orquestra Filharmo´nica de Pontevedra, etc. e formouse con numerosos profesores tales como Vicente Cueva, Vittorio Guielmi, Mykolas Pocius, Lei Wang, Ruslan Asanov, entre outros.

O pianista Rau´l Rodri´guez leva a mu´sica aos escenarios como solista, en grupos de ca´mara e acompan~ando coro e orquestra ao mesmo tempo que se dedica a´ docencia na academia MusicAnda de Pontevedra. No seu variado repertorio intere´sase pola cultura musical galega e as mulleres compositoras.

No ano 2021 recibe o Premio Extraordinario Fin de Grado Superior, lle outorgan o primeiro premio do VII Concurso de Mu´sica de Ca´mara do Conservatorio Superior de Mu´sica de Vigo e o terceiro premio do VI Concurso de Solistas do CSMVigo.

Rau´l Rodri´guez inicia os estudios de piano da man do seu pai e continu´a no Conservatorio Profesional Manuel Quiroga de Pontevedra. Realiza os estudos Superiores en Vigo con Arabel Mora´guez e Nicasio Gradaille. Para finalizar a su´a formacio´n cursa en Madrid o Ma´ster Katarina Gurska coa pianista Nino Kereselidze.