Noticias

A Deputación acometerá ata finais de ano máis de 700 actuacións de limpeza en 371 estradas provinciais

Un operativo de infraestruturas de 74 persoas se encargan dos traballos nas tres zonas nas que dividiuse a rede viaria provincial para o seu perfecto mantemento


14 xuño 2020

Tras a situación de alarma xerada pola COVID-19 e a progresiva reincorporación do persoal de infraestruturas, o goberno da Deputación de Pontevedra xa ten en marcha un novo plan de mantemento e limpeza de brozas no viario provincial que suporá ata fin de ano máis de 700 actuacións nas 371 estradas que dependen da institución. Trátase dun programa calendarizado, que deseñouse desde os principios da eficiencia e a eficacia do traballo e baseado en criterios obxectivos de equidade determinados polo persoal técnico do servizo.

Para garantir a seguridade do persoal, durante o confinamento e as fases de desescalada, o servizo garantiu exclusivamente a atención das emerxencias nos viarios provinciais. Coa súa progresiva reincorporación, determinouse esta nova calendarización do traballo de mantemento e limpeza de brozas que xa se está a executar desde fai unhas semanas. O cronograma de actuacións, comunicado a cada concello e que será flexible atendendo a diferentes circunstancias, marca unha distribución territorial en tres areas de actuación na provincia: Zona Norte, Zona Centro e Zona Sur que, amais, dispoñen de brigadas específicas, polo que o coñecemento sobre o terreo é total.

Un total de 74 persoas forman parte deste operativo que realizan o seu labor a pé con medios exclusivamente mecánicos porque a Deputación non utiliza herbicidas nin produtos tóxicos para o medio ambiente. A maiores hai condutores-maquinistas que traballan con tractores dotados de brazo mecánico naqueles tramos onde é necesario. Tamén hai empresas de mantemento que prestan labores de apoio, aínda que as súas funcións son fundamentalmente realizar reparacións.

Os traballos,  que se desenvolven ao longo de todo o ano, establecen en cada unha das zonas prioridades de actuación en función da densidade de trafico e de vexetación  de cada unha das vías. Ademais, préstaselle unha especial atención as estradas provinciais por onde transcorre o Camiño de Santiago, así como as vías afectadas por eventos ou actividades organizadas polos concellos.