ORAL-Xestión tributaria

Publicación no DOG da Lei 1/2022, do 12 de xullo, de mellora da xestión do ciclo integral da auga


25 agosto 2022

O pasado 12 de agosto de 2022 publicouse no DOG a Lei 1/2022, do 12 de xullo, de mellora dá xestión do ciclo integral dá auga.

Esta Lei ten por obxecto o establecemento dun marco normativo que regule a política de xestión do ciclo integral da auga na Comunidade Autónoma de Galicia.

A xestión do ciclo integral da auga consiste na administración e organización das accións necesarias que permiten o desenvolvemento do ciclo integral da auga, a través da explotación, conservación e mantemento de determinadas infraestruturas ou instalacións, tales como a extracción, o almacenamento, a condución, o tratamento e a distribución de augas superficiais ou subterráneas, así como a recollida e depuración de augas residuais e a súa condución ata a devolución ao medio natural.

A nova normativa verase reflectida no cálculo de diversas taxas relacionadas co consumo da auga: taxa de auga, canon de saneamento, taxa de sumidoiro, entre outros.