É a quenda do IAE
Dende o 2 de setembro ao 3 de novembro de 2022 é o período voluntario de pago do Imposto de Actividades Económicas (IAE)
Dende o 2 de setembro ao 3 de novembro de 2022 é o período voluntario de pago do Imposto de Actividades Económicas (IAE). A data de cargo en conta dos recibos domiciliados é o 3 de novembro de 2022.
No día seguinte a data límite de pagamento en período volutario, o ORAL fará efectivo o cobro a través da vía de constriximento coa inclusión dos xuros de mora e das recargas que procedan no seu caso. É importante que vostede coñeza que pode domiciliar os seus recibos e evitar costes innecesarios
A domiciliación tramítase:
- na OVT de xeito sinxelo, rápido e seguro
- solicitándoa na súa entidade bancaria
- presencialmente nas nosa rede de oficinas exclusivamente con cita previa (886 211 420 / 886 211 400)
- por teléfono a través do nos Centro de Atención Telefónica (886 211 420/886 211 400 ou en informacion.oral@depo.es
Máis información sobre IAE aquí