ORAL-Xestión tributaria

Aviso relativo a cota reducida da taxa de lixo no Concello de Cambados


26 maio 2022

O concello de Cambados modificou a súa Ordenanza Fiscal no ano 2021 resolvendo minorar os recibos derivados da taxa do lixo, co fin de trasladar á cidadanía a bonificación que percibe da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda sobre o Canon que este concello debe aboar a SOGAMA pola xestión e tratamento dos seus residuos domésticos.

Debido a un erro de interpretación da citada ordenanza fiscal por parte deste órgano ORAL, na terceira cobranza da taxa de lixo de Cambados do ano 2021 minoráronse os recibos nun importe superior ao establecido polo concello (14,85% sobre o importe anual en vez de 14,85% sobre o importe cuadrimestral).

Advertido o erro procedeuse a regularizar a minoración efectuada axustando os importes nos recibos emitidos na primeira cobranza do ano.

De xeito extraordinario os recibos da primeira cobranza do ano 2022 son de maior importe pero a redución acordada polo Concello será aplicada novamente nos recibos que se xiren no terceiro cuadrimestre.

Pedimos desculpas polas molestias que puidese causar este erro nas persoas contribuíntes afectadas do Concello de Cambados