« Atrás

Campamentos polideportivos - Inscricións

Inscricións

Documentación

Deberán presentar o impreso de solicitude debidamente cuberto, que constará de dúas follas:

  1. Folla de solicitude, na que se indicarán os datos da unidade familiar, é dicir, pai, nai ou persoa titora, co DNI, teléfono, teléfono móbil, correo electrónico, enderezo e concello ao que pertencen
  2. Folla de inscrición, na que se deben cubrir os datos da nena ou neno, alerxias, enfermidades e outras, especificando as infectocontaxiosas, que as persoas responsables do campamento deberán ter en conta
  3. Xunto coa solicitude deberase presentar a seguinte documentación:
    • Fotocopia do DNI da nai, pai ou persoa titora
    • Fotocopia do DNI da ou do menor ou, no caso de que non o teña, do libro de familia
    • Fotocopia da tarxeta sanitaria ou do seguro médico privado da ou do menor
    • Certificado ou volante de empadroamento
    • Fotocopia do libro de vacinas da ou do menor

Prazo, lugar e formas de presentación

O prazo para a presentación de solicitudes empezará o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no BOPPO e rematará o día 23 de marzo de 2018.

Co fin de minimizar erros e axilizar a mecanización dos datos das solicitudes deberase optar preferentemente por presentalas mediante formulario web.

Pasos que se deben seguir no formulario web:

  1. Cubrir os datos do formulario oficial e facer clic en "enviar datos"
  2. Descargar e imprimir o xustificante xerado na web tras realizar o envío. Este xustificante incluirá un código único de solicitude
  3. Presentar o xustificante xerado durante o proceso de solicitude, dentro do prazo establecido nestas bases, xunto coa documentación establecida na base sexta, no Rexistro xeral da institución provincial:
    • Sede de Pontevedra: avda. Montero Ríos, s/n (de luns a venres)
    • Oficina periférica de Vigo: rúa Oporto, 3 (de luns a venres)
    • Oficinas de rexistro

Ou de calquera das formas previstas no artigo 16.4 da LPACAP.

Presentación de solicitudes mediante formulario impreso:

  • No caso de non poder realizar a solicitude a través da web a persoa solicitante poderá presentala, xunto coa documentación establecida na base sexta, no Rexistro xeral da Deputación, en calquera das súas oficinas de rexistro ou a través de calquera das formas previstas no artigo 16.4 da LPACAP
  • No caso de enviarse por correo postal (ao Rexistro da Deputación) este deberá ir certificado co selo de Correos no formulario da solicitude para garantir que a data de remisión está incluída no prazo de presentación de solicitudes desta convocatoria

As solicitudes remitidas por correo que non cumpran este requisito teranse por presentadas para todos os efectos no mesmo día en que teñan entrada no Rexistro da Deputación, independentemente da data de presentación na oficina de Correos.

A presentación da solicitude implicará que se autoriza a Deputación para o tratamento automatizado de todos os datos contidos nela. As solicitudes presentadas fóra do prazo anteriormente establecido non se admitirán nesta convocatoria.

Última modificación: venres, 11 maio 2018