« Atrás

Noticia - A Deputación mellora o firme da estrada provincial EP-9506 Barrantes-Vilariño en Cambados

A Deputación mellora o firme da estrada provincial EP-9506 Barrantes-Vilariño en Cambados

O deputado Uxío Benítez apunta que os traballos de asfaltado xa están listos e só falta a sinalización horizontal


28 agosto 2018
Mellora da estrada provincial EP-9506 Barrantes-Vilariño en Cambados

A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Mobilidade, rematará nas próximas xornadas a rehabilitación do firme da estrada provincial EP-9506 Barrantes-Vilariño, dentro do termo municipal de Cambados. A actuación, segundo explica o deputado Uxío Benítez, supón a mellora duns 900 metros cadrados ao final da vía, e está enmarcada dentro do Plan de conservación de firmes que a institución provincial estreou este ano para mellorar a rede provincial.

As obras nesta estrada, segundo explica Benítez, débense a que as e os vixiantes da zona detectaron aglomerado en mal estado en lugares puntuais debido ao seu uso e tamén ás inclemencias do tempo. Ante isto, activouse o novo contrato marco e iniciáronse as obras de rehabilitación estrutural a primeiros de agosto co fresado da calzada, para posteriormente repoñer a capa de rodaxe e aplicar capas de tratamento antiescorregadizo. Os traballos, segundo está previsto, finalizarán nos vindeiros días, cando a empresa retomará a actividade e repintará a sinalización horizontal (liñas lonxitudinais, liñas brancas transversais, símbolos e frechas).

Na comarca do Salnés son xa varias as estradas que se están a rehabilitar na batida de renovación da rede viaria a través do novo contrato marco do Plan de conservación de firmes, que ten un orzamento de 4,4 millóns de euros anuais para as estradas da provincia. Esta fórmula supón unha xestión máis eficiente, planificada e áxil para realizar obras puntuais e urxentes nas vías de titularidade provincial cando se detectan deficiencias. Os proxectos de actuación dentro do contrato marco son acoutados e en ningún caso se mellora a totalidade da lonxitude e sección dunha estrada, xa que unha actuación desas características requiriría dun proxecto completo e específico para cada vía. A intención