« Atrás

Calendario laboral 2022

Calendario laboral para 2022

De conformidade co disposto no artigo 1 do Decreto 97/2021, do 10 de xuño, da Xunta de Galicia, as festas laborais de carácter retribuído e non recuperable no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022 serán as seguintes:

  • 1 de xaneiro: Aninovo
  • 6 de xaneiro: Epifanía do Señor (Día de Reis)
  • 14 de abril: Xoves Santo
  • 15 de abril: Venres Santo
  • 17 de maio: Día das Letras Galegas
  • 24 de xuño: San Xoán
  • 25 de xullo: Día Nacional de Galicia
  • 15 de agosto: Asunción da Virxe
  • 12 de outubro: Festa Nacional de España
  • 1 de novembro: Todos os Santos
  • 6 de decembro: Día da Constitución Española
  • 8 de decembro: Inmaculada Concepción

Festas laborais de carácter local

Ao abeiro do disposto no artigo 37.2 do Estatuto dos traballadores, artigo 46 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, artigo 2 do Decreto 97/2021, do 10 de xuño e o artigo 1.11.º do Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, serán inhábiles para o traballo, retribuídas e non recuperables, a proposta do Pleno dos respectivos concellos, as seguintes festas de ámbito local:

AGOLADA

  • 29 de xuño: San Pedro e San Paulo
  • 30 de xuño: San Pedro e San Paulo

ARBO

  • 11 de xullo: San Bieito
  • 16 de agosto: San Roque

BAIONA

  • 4 de marzo: Festa da Arribada
  • 26 de setembro: San Cosme e San Damián

BARRO

  • 17 de xuño: Festa do Viño
  • 30 de setembro: Romaría de San Breixo

BUEU

  • 16 de xullo: Nosa Señora do Carme
  • 11 de novembro: San Martiño

CALDAS DE REIS

  • 16 de maio
  • 16 de agosto: San Roque

CAMBADOS

  • 11 de xullo: San Bieito
  • 18 de xullo: Santa Mariña

CAMPO LAMEIRO

  • 13 de xuño: Santo Antón
  • 29 de setembro: San Miguel

CANGAS

  • 8 de abril: Venres de Dores
  • 29 de agosto: Luns do Carme

CAÑIZA, A

  • 6 de xuño: Romaría das Pascuillas
  • 21 de setembro: Romaría da Virxe da Pena de Francia

CATOIRA

  • 4 de xullo: San Pedro na parroquia de Dimo
  • 11 de xullo: Santo Antón na parroquia de Catoira

CERDEDO-COTOBADE

  • 1 de agosto: festividade do Ecce-Homo
  • 22 de agosto: San Roque

COVELO

  • 16 de maio
  • 6 de xuño: Festa das Pascuillas

CRECENTE

  • 13 de maio: Virxe de Fátima
  • 29 de xuño: San Pedro

CUNTIS

  • 11 de xullo: San Bieito
  • 17 de agosto: Virxe do Carme

DOZÓN

  • 18 de xullo: Luns da Virxe do Carme
  • 5 de setembro: Luns da Pena de Francia

ESTRADA, A

  • 1 de marzo: Martes de Entroido
  • 27 de xuño: festas patronais

FORCAREI

  • 29 de agosto: Luns de Dores
  • 11 de novembro: San Martiño

FORNELOS DE MONTES

  • 18 de abril: Luns de Pascua
  • 10 de agosto: San Lourenzo

GONDOMAR

  • 11 de xullo: San Bieito
  • 16 de agosto: San Roque

GROVE, O

  • 16 de xullo: Nosa Señora do Carme
  • 11 de novembro: San Martiño

GUARDA, A

  • 16 de xullo: Virxe do Carme
  • 23 de setembro: Santa Trega

ILLA DE AROUSA, A

  • 7 de xaneiro: San Xulián
  • 1 de marzo: Martes de Entroido

LALÍN

  • 26 de setembro: festas patronais da Virxe das Dores
  • 27 de setembro: festas patronais da Virxe das Dores

LAMA, A

  • 27 de xullo: San Xoaquín e Santa Ana
  • 5 de agosto: Festa das Ermidas

MARÍN

  • 16 de xullo: Nosa Señora do Carme
  • 8 de setembro: Virxe do Porto

MEAÑO

  • 11 de xullo: San Bieito
  • 13 de decembro: Santa Lucía

MEIS

  • 18 de abril: Luns de Pascua (Nosa Señora das Cabezas)
  • 11 de xullo: San Bieito

MOAÑA

  • 16 de xullo: Nosa Señora do Carme
  • 11 de novembro: San Martiño

MONDARIZ

  • 6 de xuño: Romaría da Virxe da Franqueira
  • 16 de agosto: San Roque

MONDARIZ-BALNEARIO

  • 6 de xuño: peregrinación ao santuario da Franqueira
  • 15 de xullo: Nosa Señora do Carme

MORAÑA

  • 19 de xullo: Santa Xusta
  • 13 de decembro: Santa Lucía

MOS

  • 13 de xuño: Festa da Rosa
  • 8 de agosto: San Mamede

NEVES, AS

  • 29 de xullo: Santa Marta
  • 5 de agosto: Nosa Señora das Neves

NIGRÁN

  • 29 de xuño: San Pedro
  • 1 de agosto: San Fiz

OIA

  • 6 de xuño: Virxe do Mar
  • 27 de decembro: Santa Uxía a Vella de Mougás

PAZOS DE BORBÉN

  • 18 de abril: Luns de Pascua
  • 8 de agosto: A Branca Pequena

POIO

  • 17 de agosto
  • 24 de setembro: Nosa Señora da Mercé

PONTEAREAS

  • 20 de xuño: luns seguinte á festividade do Corpus Christi
  • 29 de setembro: San Miguel

PONTE CALDELAS

  • 18 de abril: Luns de Pascua
  • 31 de agosto: mércores da Festa das Dores

PONTECESURES

  • 7 de xaneiro: San Xulián
  • 4 de xullo: Virxe do Carme

PONTEVEDRA

  • 2 de marzo: Mércores de Cinza
  • 11 de xullo: San Bieito

PORRIÑO, O

  • 11 de xullo: San Bieito
  • 26 de setembro: Santo Cristo da Agonía

PORTAS

  • 18 de abril: Luns de Pascua
  • 16 de maio

REDONDELA

  • 25 de abril: Luns do Cristo
  • 16 de xuño: Xoves da Coca

RIBADUMIA

  • 18 de abril: Luns de Pascua
  • 3 de xuño: Festa do Viño Tinto

RODEIRO

  • 13 de xuño: Santo Antón
  • 8 de setembro: Nosa Señora do Faro

ROSAL, O

  • 4 de febreiro: Día da Saúde
  • 1 de marzo: Martes de Entroido

SALCEDA DE CASELAS

  • 1 de marzo: Martes de Entroido
  • 18 de xullo: Luns do Cristo

SALVATERRA DE MIÑO

  • 13 de xuño: Santísimo Cristo da Vitoria
  • 10 de agosto: San Lourenzo

SANXENXO

  • 18 de abril: Romaría do Con
  • 16 de agosto: San Roque

SILLEDA

  • 8 de xullo: Festa do Lacón
  • 22 de agosto: Festa da Empanada da Bandeira

SOUTOMAIOR

  • 18 de abril: Luns de Pascua
  • 6 de agosto: San Salvador

TOMIÑO

  • 1 de marzo: Martes de Entroido
  • 12 de setembro: Luns do Alivio

TUI

  • 1 de marzo: Martes de Entroido
  • 25 de abril: Luns de San Telmo

VALGA

  • 26 de xullo: Santa Ana
  • 16 de agosto: San Roque

VIGO

  • 28 de marzo: Día da Reconquista
  • 16 de agosto: San Roque

VILABOA

  • 1 de marzo: Martes de Entroido
  • 11 de novembro: San Martiño

VILA DE CRUCES

  • 8 de agosto: Nosa Señora da Piedade
  • 9 de agosto: Nosa Señora da Piedade

VILAGARCÍA DE AROUSA

  • 23 de maio: Santa Rita (día posterior á festividade de Santa Rita)
  • 16 de agosto: San Roque

VILANOVA DE AROUSA

  • 15 de xaneiro: San Mauro
  • 16 de setembro: San Cibrán
 

Última modificación: mércores, 24 novembro 2021