« Atrás

Degusta Europa 2020

Degusta Europa 2020

O programa Degusta Europa, con degustacións culinarias en distintos mercados da provincia, naceu en 2016 con motivo do Día de Europa, que conmemora os principais valores da UE: a paz, a estabilidade, a solidariedade e a unidade do continente. A Deputación de Pontevedra defende a súa necesaria reivindicación para manter o proxecto europeo común e, ao mesmo tempo, revalorizar a gastronomía e impulsar os mercados provinciais e a materia prima da provincia de Pontevedra.

Este  ano organízase unha nova edición de "Degusta Europa" pero cun formato completamente novo. En lugar de achegar as deliciosas elaboracións do alumnado dos centros Manuel Antonio de Vigo e Carlos Oroza de Pontevedra aos mercados e prazas de toda a provincia compartirase o receitario en liña e convidarase á cidadanía a elaborar pratos tradicionais doutras rexións europeas empregando materias primas das Rías Baixas

Recetario (desliza para ver máis)

A través de Degusta Europa preténdese promover e potenciar o local e autóctono: os mercados municipais e os excelentes produtos da nosa terra, que se deben converter tamén nun polo de atracción para as e os turistas. Este programa dá a coñecer, ademais, o labor do alumnado de dúas das escolas de hostalería máis importantes da nosa provincia: os centros Manuel Antonio, de Vigo, e Carlos Oroza, de Pontevedra.