Consulta pública previa

Ordenanza reguladora do Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO)



Servizo responsable da iniciativa:

Intervención

Estado actual:

Abierta

Prazo para a remisión de consultas:

15 días hábiles

INFORMACIÓN SOBRE A NORMA

Antecedentes:

Modificación da Ordenanza reguladora do Boletín Oficial da Provincia (BOPPO, núm. 118, de 23 de xuño de 2010).

Problemas que se pretenden solucionar coa modificación:

  • Revisión e adaptación aos cambios normativos
  • Tramitación electrónica do procedemento

Necesidade e oportunidade da súa aprobación:

Resulta necesario adaptar a Ordenanza reguladora do BOPPO ás esixencias de tramitación electrónica, co obxecto de favorecer a tramitación non presencial, así como a axilidade e a simplificación dos trámites.

A crise provocada pola COVID-19 esíxelles ás administracións que se esforcen especialmente para conseguir estes obxectivos

Obxectivos:

  • Modernización e simplificación da tramitación electrónica do procedemento
  • Revisión e adaptación aos cambios normativos.

Rango da norma:

Norma de carácter regulamentario (ordenanza).

Pola natureza da norma, os cambios propostos deben abordarse necesariamente como modificación do instrumento normativo. Os cambios na ordenanza deben tramitarse de xeito simultáneo á modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa, co obxecto de acadar unha regulación sistemática e coherente do procedemento de publicación no BOPPO.

Última modificación: luns, 04 xaneiro 2021