Consulta pública previa

Modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación de servizos do Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO)



Servizo responsable da iniciativa:

Intervención

Estado actual:

Cerrada

Prazo para a remisión de consultas:

15 días hábiles

INFORMACIÓN SOBRE A NORMA

Antecedentes:

Modificación da Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación de servizos do Boletín Oficial da Provincia (BOPPO, núm. 127, de 6 de xuño de 2010).

Problemas que se pretenden solucionar coa modificación:

  • Tramitación electrónica do procedemento completo, na que se inclúa a cuantificación da taxa e o pagamento
  • Revisión adaptada aos cambios normativos dos supostos de exención e pagamento
  • Procedemento automático da cuantificación da taxa

Necesidade e oportunidade da súa aprobación:

Resulta necesario adaptar a Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación de servizos do BOPPO ás esixencias de tramitación electrónica, co obxecto de favorecer a tramitación non presencial, así como a axilidade e a simplificación dos trámites.

A crise provocada pola COVID-19 esíxelles ás administracións que se esforcen especialmente para conseguir estes obxectivos.

Obxectivos:

  • Modernización da tramitación electrónica e réxime de pagamento
  • Modificación da regulación dos supostos de exencións
  • Simplificación na determinación do importe (cuantificación automática por carácter)

Rango da norma:

Norma de carácter regulamentario (ordenanza fiscal).

Pola natureza da norma, os cambios propostos deben abordarse necesariamente como modificación do instrumento normativo. Os cambios na ordenanza fiscal deben acompañarse da modificación da ordenanza de funcionamento, co obxecto de acadar unha regulación sistemática e coherente do procedemento de publicación no BOPPO.

Última modificación: mércores, 27 xaneiro 2021