AGRITOX
Convocatoria: programa Interreg 2014-2020
Eixe: Research and innovation
Temática: prevención e xestión de riscos de orixe natural, climática e humana.
Orzamento total: 1.954.138,80 €
- Orzamento da Deputación de Pontevedra: 204.494,60 €
- Cofinanciamento: fondos Feder, 75 %
Prazo de execución: do 1/4/2019 ao 31/12/2021 (33 meses)
Empresa redactora: Econet Consultants
RESUMO DO PROXECTO
O obxectivo de AGRITOX é proporcionarlle á industria alimentaria da Área Atlántica información e solucións para evitar a contaminación de micotoxinas, un desafío crecente debido ao cambio climático e un problema de saúde.
TÍTULO DO PROXECTO
Prevention and Mitigation of the Mycotoxin Contamination of Food and Feed caused by Climate Change
Acrónimo: AGRITOX
CÓDIGO: EAPA_998/2018
DESCRICIÓN DO PROXECTO
Os socios de AGRITOX desenvolverán sistemas de alerta de toxicidade e plans de xestión de riscos da industria para asegurar a distribución de produtos, con novos métodos máis seguros para o cultivo, colleita e almacenamento. Cada un deles conta cun perfíl específico que se necesita para alcanzar os obxectivos e resultados do proxecto. Ademais, teñen unha experiencia destacada en proxectos de cooperación da UE, a saber: USC, QUB e FCUP son algúns dos centros de investigación con máis experiencia en toxicidade alimentaria, non só na área atlántica senón tamén a nivel da UE; DEPO-EFA participa pola súa dilatada experiencia na identificación de patóxenos fúnxicos en mostras vexetais. Cada socio ten un rol específico e todos eles participarán en todas as etapas do proxecto, o que garantirá una implementación conxunta e un valor agregado transnacional. Este sólido consorcio permite un traballo continuo de transferencia sobre a prevención e mitigación da contaminación por micotoxinas.
OBXECTIVO
O principal obxectivo que se busca con este proxecto é establecer unha cooperación internacional que contribúa a reducir os riscos e o impacto das micotoxinas na saúde, reforzar a seguridade na poboación e o medio ambiente, fortalecer a capacidade de recuperación e planificación das rexións da Área Atlántica para a xestión de riscos naturais e os derivados de actividades humanas. AGRITOX contribuirá a mellorar os plans de acción de xestión de riscos e as estratexias da Área Atlántica para proporcionar una resposta adecuada e coordinada a posibles riscos emerxentes. É dicir, co proxecto AGRITOX proporcionaráselles ás industrias de alimentos e pensos do Espazo Atlántico información e solucións para evitar a contaminación por micotoxinas, un reto crecente debido ao cambio climático e que representa un problema para a saúde.
Para acadar ese obxectivo propóñense as seguintes fases:
- Establecer unha rede entre os socios e as partes interesadas.
- Concienciar as industrias dos efectos negativos da contaminación por micotoxinas e a súa relación co cambio climático.
- Deseñar unha ferramenta conxunta e fácil de usar para a industria, baseada nas experiencias dun programa piloto.
- Transferir eses métodos á industria.
SOCIOS
NÚMERO | ENTIDADE | POSICIÓN | PAÍS | REXIÓN |
---|---|---|---|---|
1 | Universidade de Santiago de Compostela | Lead partner | España | Galicia |
2 | Queen's University Belfast | Partner | Reino Unido | Irlanda do Norte |
3 | Facultade de Ciencias Universidade de Porto | Partner | Portugal | Norte |
4 | Agriculture and Food Development Authority (TEAGASC) | Partner | Irlanda | Sur e Leste |
5 | Laboratorio CIFGA, S. A. | Partner | España | Galicia |
6 | Deputacion de Pontevedra- Estación Fitopatolóxica Areeiro | Partner | España | Galicia |
7 | Agence Nationale de Sécurité Sanitaire de l'Alimentation, de l'Environnement et du Travail | Partner | Francia | Bretaña |
8 | Cooperativa Agrícola Vila do Conde, CRL | Partner | Portugal | Norte |
9 | Agencia Española de Seguridad Alimentaria y Nutrición | Associated Partner | España | Comunidade de Madrid |
10 | Autoridade de Segurança Alimentar e Económica | Associated Partner | Portugal | Área Metropolitana de Lisboa |
11 | Instituto Nacional de Investigação Agrária e Veterinária, I. P. | Associated Partner | Portugal | Área Metropolitana do Porto |