Cinema e Muller
Nome do programa: Cinema e Muller
Obxectivos: visibilizar o traballo de creadoras galegas do audiovisual e fomentar unha maior participación das mulleres na creación da arte e da cultura.
Persoas destinatarias: cidadanía en xeral.
Actividades que se desenvolven: mapeamento das realizadoras da provincia, incluíndo currículos e biofilmografías de cada una delas; ciclo de charlas sobre cinema e feminismo; mostra de cinema experimental galego; concerto de poesía e cinema expandido a pé de rúa; promoción e visionado da película colaborativa Visións. Creadoras de cinema: Pontevedra e presentación do DVD desta; e charlas sobre cinema e xénero en concellos da provincia.
Medios: recursos humanos e materiais destinado ao programa.
Tempo previsto para a súa consecución: un ano.
Enlace da web: https://www.depo.gal/web/edepo/cinema-e-muller
Última modificación: xoves, 06 setembro 2018