Campaña contra o Acoso Sexual LEMBRA ,EU DECIDO TI RESPETAS
Nome do programa: LEMBRA, EU DECIDO TI RESPETAS. CONTA COMIGO, EU RESPÉCTOTE: campaña de sensibilización para previr as violacións en cita e as agresións por submisión química.
Obxectivos: previr e actuar contra as agresións sexuais definidas como violacións en cita e as agresións por submisión química; sensibilizar, concienciar, informar e poñer de manifesto o que é violencia sexual, se non existe consentimento explícito é unha agresión; manifestar o rexeitamento claro da maior parte de sociedade cara este tipo de condutas, situarse en fronte dos agresores e amosar o rexeitamento colectivo, ao tempo que se promoven relacións en igualdade baseadas no respecto.
Persoas destinatarias: cidadanía en xeral.
Actividades que se desenvolven: colocación do posto informativo da campaña en cada un dos Rias Baixas Fest e reparto de guías informativas para mozas e mozos.
Medios: recursos humanos e materiais, axentes de igualdade, empresa adxudicataria, orzamento destinado para a campaña.
Tempo previsto para a súa consecución: un ano.
Enlace da web: https://www.depo.gal/campana-contra-as-agresions-sexuais
Última modificación: xoves, 06 setembro 2018