Préstamos sen xuros 2018
Nome do programa: Bases reguladoras para a concesión por concorrencia competitiva de préstamos sen xuros (anticipos) a concellos da provincia de Pontevedra. Ano 2018
Obxectivos: mellorar a economía dos concellos mediante a concesión de préstamos.
Destinatarios: todos os concellos da provincia de Pontevedra con poboación inferior a 50.000 habitantes.
Actividades que se desenvolven:
Liña 1. Financiamento de inversión: con carácter preferente, para facerlle fronte á achega dos beneficiarios aos investimentos incluídos nos plans provinciais de cooperación, aos investimentos financiados con fondos FEDER ou outros fondos comunitarios, así como a outros investimentos financiados pola Administración do Estado ou a Comunidade Autónoma. Asemade, para o resto de investimentos en obras e servizos dos concellos beneficiarios. Prazo de 15 anos.
Liña 2. Operacións de tesourería: para facerlle fronte as necesidades urxentes ou desfases transitorios, previo informe dos servizos de Cooperación e de Intervención da Deputación, cando o considere así o órgano competente para conceder. Prazo máximo de 1 ano.
Medios:
-
Persoais:
- Xefa de servizo e 1 técnico de xestión
- Comisión de valoración
-
Económicos: ano 2018
- Total: 1.000.000,00 €
- Xurídicos: asesoramento polo persoal do Servizo de todas las dúbidas
Tempo previsto para a súa consecución: 15 anos, máis 3 de carencia para préstamos a longo prazo e para os préstamos a curto prazo 1 ano sen carencia.
Enlace web: http://www.boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2018/01/25/2018001996
Última modificación: venres, 07 setembro 2018