Plan Concellos 2018-19
Nome do programa: Plan de obras e servizos (Plan Concellos) 2018-19
Obxectivos: asegurar a adecuada prestación dos servizos públicos municipais básicos co obxectivo de garantir a igualdade da poboación da provincia no acceso aos servizos de competencia municipal:
- Realización de novos investimentos que garantan o funcionamento dos servizos municipais e a reactividade económica
- Cofinanciamento dos gastos correntes municipais
- Fomento do emprego municipal
Destinatarios: todos os municipios da provincia de Pontevedra con poboación inferior a 50.000 habitantes
Actividades que se desenvolven:
- Liña 1. Investimentos (anos 2018-2019)
- Liña 2. Amortización, pagamento de débedas e gastos correntes, incluídos os derivados da realización de actos culturais, deportivos, sociais, educativos etc. (ano 2018)
- Liña 3. Emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais (ano 2018)
Medios:
-
Persoais:
- Técnicos: 1 enxeñeiro xefe do servizo, 1 arquitecto, 1 enxeñeiro de camiños e enxeñeiros técnicos
- Xefa de servizo, 2 técnicos de xestión, 1 técnico de administración e persoal administrativo e auxiliar
-
Económicos:
- Ano 2018: 42.000.000 €
- Ano 2019: 30.000.000 €
- Xurídicos: asesoramento polo persoal do Servizo de todas as dúbidas do Plan
Tempo previsto para a súa consecución: en total 3 anos (2018-2020).
Enlace da web: https://www.depo.gal/plan-concellos-2018-2019
Última modificación: venres, 05 outubro 2018