ORAL-Xestión tributaria

Os procedementos de regularización catastral interrompen o prazo de prescrición do dereito da Administración para determinar a débeda tributaria


16 maio 2022

A natureza tributaria dos procedementos de regularización catastral determina que os actos realizados no curso destes con coñecemento formal das persoas interesadas interrompen o prazo de prescrición aos efectos de determinar a débeda tributaria mediante a oportuna liquidación.

Aínda que a Sentenza se refire en particular aos procedementos de regularización catastral, a interpretación xurídica que da mesma se deriva resulta extensible aos restantes procedementos catastrais que tamén posúen natureza tributaria como pode ser o caso dos procedementos de valoración colectiva, entre outros, ao considerar que "os actos derivados da xestión tributaria non son, nin poden ser, alleos nin autónomos da xestión catastral".