O Pleno da Deputación de Pontevedra aproba inicialmente o proxecto de orzamentos de 2017
A institución provincial contará o próximo ano con máis de 152,4 millóns de euros
O Pleno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe de xeito inicial o proxecto de orzamentos de 2017 que conta con 152,4 millóns de euros que se achegan a sumar ate os 155 millóns de euros se suman todos os organismos dependentes da institución provincial.
O deputado provincial, Carlos López Font, indicou que os 155 millóns de euros contemplan o orzamento da propia Deputación, da escola de Enfermería e dos consorcios contra incendios provincial e de Tabeirós-Deza. En concreto o orzamento consolidado é de 155.444.192 euros.
López Font subliñou que o orzamento do ano 2016 medramos un 2,4% respecto de 2015 e iniciamos un profundo cambio nas liñas de actuación, nos obxectivos e nas prioridades do Orzamento, e que no 2017 continuaremos co cambio a pesares de crecer no consolidado 2,20%.
O resumo das grandes cifras, o deputado provincial, sinalou que se poden concretar en o apoio aos concellos o través do "Plan Concellos 2017" cunha partida de 41,2 millóns, máis as liñas de axuda noutras áreas como son a implantación de novas tecnoloxías, o plan revitaliza, ou a protección de montes, entre outras, confirman que no conxunto do Orzamento para asistir económica e tecnicamente ós concellos se reserven 49 millóns de euros. En concreto 48.952.175 euros, o que representa que un 32,20% do orzamento de gasto da Deputación vai destinado aos concellos. Font destacou que isto representa un 2,2% máis que no 2016.
A outra gran partida do orzamento é a destinada a emprego, actividade económica e infraestruturas cun total de 34,5 millóns de euros en medidas que apoien e fomenten o crecemento do emprego provincial. Esta partida representa o 22,6% do orzamento, un 2,6% máis que no 2016.
A terceira gran partida e a adicada a Cohesión social, cultura, xuventude e deportes, aos que se engade o orzamento do Servizo de Igualdade. En total, 32,4 millóns, o 21,1% do orzamento, un 1,2% máis que no 2016.
Carlos López Font subliñou que 85,4 por cento do orzamento total de gasto da Deputación de Pontevedra no 2017 destinarase a estes tres obxectivos globais.
Na súa intervención o deputado provincial destacou que o "Plan Concellos 2017" garante 41,2 millóns para investimentos, emprego e sostenibilidade financeira dos 60 concellos con menos de 50.000 habitantes, un 3% mais que este ano. E ademais vaise reforzase o apoio aos concellos con menos de 20.000 habitantes que pasan a ser los destinatarios de máis do 75% deste Plan.
Dende 2015, afirmou López Font, "incrementamos en 12 millóns as axudas aos concellos, e dicir o Plan Concellos no 2017 consolida un 41% mais de financiamento para os concellos respecto do que tiñan en 2015. E o conxunto da cooperación cos concellos pasou de 27,1 millóns en 2015 a 47 millóns en 2017, case 20 millóns mais, case duplicouse".
No que respecta a emprego son máis de 13 millóns destinados a fomentalo na provincia complétanse tamén coas axudas as empresas, especialmente Pemes, para que poidan crear novo emprego.
Catro millóns do orzamento e para continuar cun modelo de atracción turística que debe reforzar o pulo a unha atracción turística integral que vai rachando coa perspectiva estacional limitada e baseada nos tópicos de tratamento da provincia que estaban ao uso.
Outra das grandes cifras e dos grandes proxectos impulsados pola nova Deputación é o destacado polo voceiro do goberno, son os case catro millóns de euros, para o tratamento e xestión de residuos, para o subministro de composteiros e para mellora dos montes dentro do proxecto Revitaliza.
López Font tamén informou que 16,2 millóns de euros se destinarán á mell0ra das infraestruturas provinciais, dotando de maior accesibilidade á provincia e de estradas de calidade para a veciñanza.
Outro dos obxectivo básicos dos orzamentos da Deputación de Pontevedra para o 2017 é a igualdade para que o se creou en 2015 un servizo adicado a elo. Neste orzamento reforzase os seus medios destinando máis dun millón de €, un 41,3% máis que no 2016.
O cuarto grande obxectivo é acadar unha maior cohesión social, apostar polos servizos, a xuventude, a cultura e o deporte. Neste campo, o servizo de cohesión social contará cun orzamento de 5,5 millóns de € para o impulso dos servizos sociais municipais, un 7,4% máis que no 2016. Tamén a xuventude, a través do centro da Lanzada contará cun 6% máis de orzamento e 10,9 millóns de € se destinarán ó Centro Príncipe Felipe.
En canto ós servizos lingüísticos e promoción cultural, se destinarán 3,7 millóns de €, un 6,5% máis que no 2016, e a xestión do Museo e o patrimonio documental e bibliográfico recibirá máis de 6 millóns de e. O Museo recibirá un 4% máis que no 2016 e a Escola de Cantería tamén incrementará un 4,5% o seu orzamento, segundo destacou Carlos López Font.
Por último, o voceiro do goberno provincial subliñou que eran uns orzamentos moi bos, onde dáse todo o protagonismo aos concellos e mantense as liñas principais de traballo da nova Deputación.