Noticias

O Goberno de Carmela Silva destina outros 200.000 euros para Salceda de Caselas que chega así ao 100 % do Plan Concellos 2017, máis de 600.000 euros

Con estes novos investimentos, a Deputación de Pontevedra xa leva destinados desde xaneiro, dentro deste plan, preto de 38 millóns de euros


05 novembro 2017
Plan Concellos 2017

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou unha nova achega para o Concello de Salceda de Caselas por valor de 200.000 euros. Con este novo investimento poderá iniciar o proxecto de urbanización para o acceso ao novo centro de saúde na rúa Martires de Sobredo.

Con esta achega Salceda de Caselas xa ten aprobado o 100 % do Plan Concellos 2017, isto é, xa recibiu os 639.870,53 euros que lle correspondían este ano, un 12,64 % máis que en 2016.

Anteriormente, ao abeiro do Plan Concellos 2017, puido adquirir distintas ferramentas e maquinarias destinadas ao mantemento e adecuación da infraestruturas locais como rúas, beirarrúas, parques e xardíns públicos; dotar aos seus espazos públicos de contedores para a reciclaxe e bancos que permitan á súa veciñanza desfrutar do ambiente; financiar as obras de mellora do paseo fluvial e o parque etnográfico do río Landres; financiar o gasto corrente relativo á iluminación pública, e contratar a 13 persoas para desempeñar diversos servizos municipais do concello.

Con estes novos investimentos, a Deputación de Pontevedra leva xa aprobadas achegas aos concellos da provincia por valor de preto de 38 millóns de euros, é dicir, o 91,5 % do plan.


Novas relacionadas

Visita as obras en Salceda de Caselas

27 abril 2017, ayudas, 2016, plan concellos, axudas, salceda de caselas, obras, 2017