Noticias

O Goberno de Carmela Silva destina máis de 120.000 euros a Cerdedo-Cotobade para a mellora de camiños municipais

Ao abeiro do Plan Concellos, a Deputación de Pontevedra pon este ano á disposición de Cerdedo-Cotobade un total de 1.244.234,93 euros, un 73,92 % máis que no 2017


16 xullo 2018
Plan Concellos 2018-2019

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar unha nova achega para o concello de Cerdedo-Cotobade, dentro da Liña 1 do Plan Concellos 2018, por un valor total de 120.602,37 euros.

Polo miúdo, con esta axuda a institución provincial financiará a mellora de camiños municipais. Con esta achega, Cerdedo-Cotobade xa ten recibido 662.125,87 euros, é dicir, o 53,22 % do Plan Provincial. Este ano, a Deputación de Pontevedra pon á disposición do municipio un total de 1.244.234,93 euros, o que supón un 73,92 % máis que o ano pasado.

En 2018 a institución provincial dedica aos concellos da provincia, no marco da liña 1 de investimentos, case 60 millóns de euros, distribuídos entre 28.501.200 € do Plan 2018 e o adianto de 30 millóns de euros da liña 1 do Plan 2019.