Noticias

A Deputación aproba dúas novas achegas por valor de preto de 10.000 euros para dous concellos da provincia ao abeiro da liña 2 do Plan Concellos

Gondomar e Cerdedo-Cotobade recibirán achegas para gastos correntes e financiamento de actividades


02 setembro 2018
Plan Concellos 2018-2019

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar achegas por valor de 9.685 euros destinadas a Gondomar e Cerdedo-Cotobade ao abeiro da liña 2 do Plan Concellos, cuxa finalidade é realizar pagamentos de subministracións, afrontar gasto corrente novo, amortizar débedas e impulsar programas culturais, deportivos, turísticos, gastronómicos, actividades infantís e musicais, así como festexos.

Máis polo miúdo, Gondomar vaise beneficiar dunha achega por valor de 3.885 euros que destinará a financiación do gasto corrente novo "Gladiator kids", unha aventura gladiadora para as máis pequenas e pequenos do lugar.

Por outra banda, Cerdedo-Cotobade recibe unha axuda do Goberno de Carmela Silva de 5.800 euros para financiar a actividade "Campalledo" 2018.

A Deputación de Pontevedra pon este ano a disposición dos concellos da provincia, no marco da liña 2 do Plan Concellos, preto dos catro millóns de euros.