Conferencia maxistral Jan Gehl


16 decembro 2021

Xoves 16 de decembro de 2021, das 10 ás 13 h

Salón de actos. Pazo da Cultura. Pontevedra

Programa


COMUNICADO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Ante a situación de incremento da incidencia por coronavirus na provincia e con motivo da celebración da conferencia de Jan Gehl

A incidencia por coronavirus na provincia está situada en risco extremo mentres que en Dinamarca alcanza unha taxa a 14 días de 1.211 por 100.000 habitantes.

O número de persoas apuntadas para asistir no Acto de Peche da Facultade Ágora supera amplamente as 300 -incrementándose o ritmo de inscrición conforme se achega o día de celebración-, estando previstos desprazamentos a Pontevedra dende Portugal (Universidade de Porto), doutras partes do Estado español e, en maior medida, de diferentes partes da xeografía galega.

O Ministerio de Sanidade recomenda non celebrar actos masivos a pesares de permitir oficialmente o 100% da capacidade nos locais de eventos.

Por todo isto, por responsabilidade e seguindo o principio de prudencia, acórdase:

  • En xeral, cancelar todos os actos de tipo masivo previstos pola institución provincial, especialmente os celebrados en interiores.
  • Anular a conferencia maxistral de Jan Gehl.
  • Manter a celebración da clausura da Facultade Ágora en condicións de seguridade, limitando o evento ao alumnado e, en todo caso, a un máximo do 50% da capacidade do salón de actos do Pazo da Cultura de Pontevedra.
  • Dado o interese xerado, reprogramar a visita a Pontevedra e conferencia maxistral de Jan Gehl coas mesmas características coas que estaban previstas inicialmente, de maneira presencial, cando as condicións de seguridade sexan óptimas tanto para a persoa relatora como para as asistentes.

A Deputación lamenta as consecuencias da decisión, dada por motivos alleos á súa vontade, pero necesaria para controlar posibles riscos.

Cabe a posibilidade de asistir de maneira telemática á clausura da Facultade Ágora, acto no que se exporán as conclusións técnicas dos seminarios de formación realizados dende o mes de abril.

Neste evento estará presente o director xeral de Axenda Urbana e Arquitectura do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana Iñaqui Carnicero; así como o alcalde de Pontevedra e presidente da Rede de Cidades que Camiñan Miguel Anxo Fernández Lores; xunto con representantes do goberno provincial.

As persoas interesadas deben escribir a agora@depo.gal e recibirán un enlace de ZOOM.