Árbores senlleiras

TULIPEIRO DE VIRXINIA do pazo de Castrelos

  • Especie: Liriodendron tulipifera L.
  • Familia: Magnoliaceae
  • Localizacion natural: leste dos Estados Unidos
  • Idade: entre 110 e 150 anos
  • Porte: 34,4 m
  • Tronco: 6,61 m
  • Copa: 20,5 x 21,5 m
  •  
  • Concello: Vigo
  • Parroquia: Castrelos
  • Lugar: Vigo
  • Altitude: 50 m s. n. m.
  • Coordenadas: 42.212470, -8.728411
  •  
  • Propietaria/o: Concello de Vigo
  • Historia
  • O tulipeiro de Virxinia foi plantado na segunda metade do século XIX, probablemente durante o último cuarto. Polo amplo campo visual é o centro de atención obrigado de todas as miradas e provoca un inusitado interese nas e nos visitantes polo impacto que xera, xa que é das árbores máis emblemáticas e de maior celebridade dos xardíns.
  • Entorno
  • O pazo de Castrelos conta con 23 hectáreas e é un dos expoñentes por excelencia das propiedades señoriais galegas e españolas, cun magnífico pazo e espléndidos xardíns. O tulipeiro vive na pradaría do Té, no compartimento inferior do xardín, nunha posición centrada ao lado do estanque de parrulos coa súa artística maqueta palaciana. A configuración graduada do recinto permite a observación da árbore desde todos os seus socalcos.

    O tulipeiro vive na pradaría do Té, na parte inferior do xardín, ao lado do estanque de parrulos que ten no centro a maqueta do pazo. Pola súa situación é o centro de atención de todas as miradas.

Localización