Árbores senlleiras

TUIA XIGANTE do pazo de Torres de Agrelo

  • Especie: Thuja plicata D. Don
  • Familia: Cupressaceae
  • Localizacion natural: Estados Unidos, desde Alaska ata California
  • Idade: entre 100 e 150 anos
  • Porte: 17,90 m
  • Tronco: 5,16 m
  • Copa: 16,55 m
  •  
  • Concello: Redondela
  • Parroquia: Reboreda
  • Lugar: Asnelle de Abaixo
  • Altitude: 60 m s. n. m.
  • Coordenadas: 42.292309, -8.599888
  •  
  • Propietaria/o: Fernando Marcote Villar
  • Historia
  • A súa plantación realizouse na segunda metade do século XIX durante algunha das remodelacións do pazo. Atópase no xardín do invernadoiro, ao pé da fachada norte do pazo, entre este e o invernadoiro, fronte a un enorme exemplar de criptomeria.
  • Entorno
  • >

    Torres de Agrelo é un conxunto arquitectónico do 1750. Posúe un xardín de 80 hectáreas con multitude de zonas paisaxísticas e especies arbóreas únicas en Galicia.

    Atópase na localidade de Redondela, municipio recollido ao fondo da ría de Vigo, na súa marxe esquerda, e flanqueado pola ponte de Rande e a illa de San Simón. Na súa costa conxúganse inmensos areais, como a praia de Cesantes, con fermosos cantís e miradoiros desde onde contemplar amplas panorámicas da ría.

Localización