Árbores senlleiras

SÓFORA XAPONESA do pazo de Lourizán

  • Especie: Sophora japonica L. pendula
  • Familia: Leguminosae
  • Localizacion natural: este de Asia
  • Porte: 7,3 m
  • Tronco: 1,80 m
  • Copa: 207,60 m
  •  
  • Concello: Pontevedra
  • Parroquia: Lourizán
  • Lugar: Pontevedra
  • Altitude: 30,3 m s. n. m.
  • Coordenadas: 42.409871, -8.665165
  •  
  • Propietaria/o: Deputación de Pontevedra
  • Historia
  • O pazo de Lourizán atópase na vertente norte do macizo do Morrazo, ao fondo da ría de Pontevedra, entre as poboacións de Pontevedra e Marín. As orixes da propiedade remóntanse ao século XV, cando esta aínda era unha granxa. No século XIX o político Montero Ríos adquire a leira, convértea na súa residencia de verán e tamén nun importante foro de reunión das personalidades máis influentes do momento.

    O pazo conta con 54 hectáreas de xardín, leira e arboredo. Posúe un importante xardín botánico, con especies exóticas e autóctonas, creado en 1949 baixo a denominación de Arboreto, que reúne especies plantadas no xardín desde o século XIX ata a actualidade.

  • Entorno
  • No lateral dereito do pazo, onde comeza a subida cara ao vello invernadoiro modernista, atópase o magnífico exemplar péndulo da sófora. Aínda que está rodeado doutras especies de gran tamaño, todas elas manteñen a distancia polas estradas e parterres que hai arredor del.

Localización