Árbores senlleiras

SOBREIRAS do Faro

  • Especie: Quercus suber L.
  • Familia: Fagaceae
  • Localizacion natural: sur de Europa e norte de África
  • Idade: máis de 70 anos
  • Porte: 12 m e 15 m
  • Tronco: 3,53 m e 3,75 m
  • Copa: 10 x 12 m e 12 x 14 m
  •  
  • Concello: Oia
  • Parroquia: Viladesuso
  • Lugar: serra da Groba
  • Altitude: 270 m s. n. m.
  • Coordenadas: 42.043845, -8.853358
  •  
  • Propietaria/o: Comunidade de Montes V. M. C. de Viladesuso
  • Historia
  • Esta formación foi declarada como Espazo Privado de Interese Natural (EPIN) en xaneiro de 2011 pola Consellería de Medio Rural, converténdose no primeiro de Galicia.
    Trátase dunha das escasas masas de sobreiras en rexións con clima oceánico que se coñecen en Galicia, o que lle confire unha notable singularidade bioxeográfica.
    Outra peculiaridade deste bosque é que case todas as sobreiras teñen o tronco negro por un incendio que tivo lugar en 2006, ao que sobreviviron grazas á súa grosa cortiza.
  • Entorno
  • Forma parte da Ruta Máxica de Oia, de 20 km de percorrido, que inclúe petróglifos, pozas, numerosas fervenzas e vistas panorámicas de grande interese.
    O sobreiral, de 6,78 ha, atópase no pronunciado canón do río Broi, nos montes comunais de Faro e Pousiño, na serra da Groba, un espazo natural cargado de riqueza ecolóxica e etnográfica.

Localización