Árbores senlleiras

SOBREIRA do pazo de Valiñas

Sobreira
  • Especie: Quercus suber L.
  • Familia: Fagaceae
  • Localizacion natural: sur de Europa e norte de África
  • Idade: entre 250 e 350 anos
  • Porte: 21 m
  • Tronco: 5,70 m
  • Copa: 20 m
  •  
  • Concello: A Estrada
  • Parroquia: Callobre
  • Lugar: O Vilar
  • Altitude: 210 m s. n. m.
  • Coordenadas: 42.692346, -8.444662
  •  
  • Propietaria/o: familia Álvarez Cervela
  • Historia
  • Con varios séculos de antigüidade, a sobreira do pazo de Valiñas é un dos exemplares máis importantes da súa especie en Galicia. Trátase dunha árbore moi querida no ámbito familiar e ao longo de varias xeracións. A poesía composta ao senlleiro exemplar por Ramón Cervela Arias-Teixeiro, no 1851, contribuíu ao seu coñecemento e posta en valor.

    Este nobre exemplar reproduciuse e hai neste terreo outra sobreira que aínda está lonxe de acadar a maxestade da súa proxenitora.

  • Entorno
  • O pazo de Valiñas é unha casona residencial con capela e está rodeado por un terreo extenso que non alcanza a condición de xardín. A sobreira está na praciña da fachada principal da edificación, fronte á capela, en situación excéntrica pegada ao muro de peche. Ao seu lado crece o fillo, que xa supera o medio século de idade.

Localización