Árbores senlleiras

SEQUOIA VERMELLA do pazo de Lourizán

Sequoia
  • Especie: Sequoia sempervirens
  • Familia: Taxodiaceae
  • Localizacion natural: oeste dos Estados Unidos
  • Idade: 140 anos
  • Porte: 43,4 m
  • Tronco: 3,40 m
  • Copa: 10,80 m
  •  
  • Concello: Pontevedra
  • Lugar: pazo de Lourizán
  • Altitude: 38 m s. n. m.
  • Coordenadas: 42.409487, -8.664755
  •  
  • Propietaria/o: Deputación de Pontevedra
  • Historia
  • O pazo de Lourizán atópase na vertente norte do macizo do Morrazo, ao fondo da ría de Pontevedra, entre as poboacións de Pontevedra e Marín. As orixes da propiedade remóntanse ao século XV, cando esta aínda era unha granxa. No século XIX o político Montero Ríos adquire a leira e convértea na súa residencia de verán e tamén nun importante foro de reunión das personalidades máis influentes do momento.

    O pazo conta con 54 hectáreas de xardín, leira e arboredo. Posúe un importante xardín botánico, con especies exóticas e autóctonas, creado en 1949 baixo a denominación de Arboreto, que reúne especies plantadas no xardín desde o século XIX ata a actualidade.

  • Entorno
  • Este exemplar está rodeado de outras especies de coníferas como camecíparis, calocedros, tuias e teixos ao final do longo e estreito camiño que chega desde a espectacular mesa de pedra do pazo. Atópase no interior dun bosque formado por árbores de grandes dimensións, o que a obriga a crecer con moita verticalidade.

    Este exemplar é citado como árbore singular no libro de Flora ornamental de España (Lillo e Ramos, 1972).

Localización