Árbores senlleiras

SEQUOIA VERMELLA do castelo de Soutomaior

  • Especie: Sequoia sempervirens (D. Don) Endl
  • Familia: Taxodiaceae
  • Localizacion natural: oeste dos Estados Unidos
  • Idade: 140 anos
  • Porte: 41,5 m
  • Tronco: 9,55 m
  • Copa: 12,40 m (13 x 11,5 m)
  •  
  • Concello: Soutomaior
  • Parroquia: Soutomaior
  • Lugar: O Rial
  • Altitude: 180 m s. n. m.
  • Coordenadas: 42.329701, -8.566615
  •  
  • Propietaria/o: Deputación de Pontevedra
  • Historia
  • É a sequoia vermella de maiores medidas de Galicia aínda que a orde da circunferencia se beneficiou claramente do hábito hicaulinar, e trátase dun exemplar coetáneo do momento fundacional do parque (1870). Ten ao seu favor para a catalogación monumental a súa antigüidade, dendrometría, conservación e marco señorial, aínda que o escaso campo visual impide a correcta contemplación da súa arquitectura.
  • Entorno
  • O castelo de Soutomaior (de 25 ha), do século XII, é unha das mellores manifestacións da súa clase no país. Foi transformado en pazo en tempos de Antonio Aguilar Correa e Soutomaior, marqués da Vega de Armijo (1870), e conta cunha magnífica fortaleza-pazo e espléndidos xardíns. A sequoia localízase na parte alta do parque en posición excéntrica, cerca da praciña da fonte.

Localización