Árbores senlleiras

SALGUEIRO da braña de Xafardán

  • Especie: Salix atrocinerea Brot.
  • Familia: Salicaceae
  • Localizacion natural: sur de Europa e norte de África
  • Idade: entre 100 e 150 anos
  • Porte: 14,4 m
  • Copa: 20 m
  •  
  • Concello: Vilanova de Arousa
  • Parroquia: Deiro
  • Lugar: Vilanova de Arousa
  • Altitude: 22,9 m s. n. m.
  • Coordenadas: 42.543450, -8.792826
  •  
  • Historia
  • É o único elemento dendrolóxico senlleiro do termo municipal, pertencente á flora autóctona de ribeiras e zonas húmidas do país, como o salgueiro negro da illa de Cortegada. Ambos os dous están asentados no ámbito litoral mais o último non está incluído no catálogo e encóntrase en estado decrépito, polo que o de Vilanova é o único representante da especie desas dimensións.
  • Entorno
  • O seu crecemento vese favorecido pola existencia nun lateral dunha presa de auga artificial. Vive rodeado doutros exemplares da mesma especie e tamén de especies foráneas, como o bambú, moi próximo a unha pradería e un viñedo. Atópase nun lugar próximo ao pazo de Fefiñáns.

Localización