Árbores senlleiras

CARBALLEIRA de Caldas de Reis

Carballeira de Caldas
  • Especie: Quercus robur L.
  • Familia: Fagaceae
  • Localizacion natural: Europa, Asia Menor e norte de África
  • Idade: entre 100 e 125 anos
  • Porte: 19 m e 23,20 m
  • Tronco: 2,55 m e 2,87 m
  • Copa: 25 m e 25,90 m
  •  
  • Concello: Caldas de Reis
  • Parroquia: Caldas de Reis
  • Altitude: 30 m s. n. m.
  • Coordenadas: 42.603335, -8.639456
  •  
  • Propietaria/o: Concello de Caldas de Reis
  • Historia
  • É unha formación de máis de 200 carballos distribuídos en filas, o que indica a súa orixe antrópica, na marxe dereita do río Umia. Como é natural, obsérvanse pés con diferentes morfoloxías e distintas dimensións.

    A alta densidade coa que foron plantados dificulta que expresen o seu potencial, pois a competencia entre as árbores deforma as copas.

  • Entorno
  • Trátase dunha carballeira urbana situada no Parque-Xardín de Caldas de Reis. Os exemplares están plantados en cadrado, excepto algúns colocados para cubrir faltas que rompen a harmonía do conxunto.

Localización