Árbores senlleiras

PIÑEIRO MANSO do Pazo do Cabido

  • Especie: Pinus pinea L
  • Familia: Pinaceae
  • Localizacion natural: rexión mediterránea
  • Idade: 300 anos aprox.
  • Porte: 27,30 m
  • Tronco: 6,90 m
  • Copa: 38,10 x 30 m
  •  
  • Concello: Vilanova de Arousa
  • Parroquia: Baión
  • Lugar: pazo do Cabido
  • Altitude: 47 m s. n. m.
  • Coordenadas: 42.563121, -8.717342
  •  
  • Propietaria/o: familia Giraldo García (Victoria Eugenia García García e herdeiros de José María Giraldo Argüello)
  • Historia
  • O pazo do Cabido, mansión do século XVIII, está enteiramente construído en cantería, cunha fachada porticada e un gran terreo que rodea o edificio, onde se atopan na actualidade unha capela, un pombal, un obelisco e un hórreo de 11 pares de pés. Considérase o hórreo civil máis grande de Galicia.
    A árbore singular é incluso anterior ao pazo que o acolle no seu recinto. Dise que é o piñeiro manso máis grande do mundo.
  • Entorno
  • O magnífico exemplar preside a entrada principal da propiedade, de arredor de 4,5 ha. Atópase na parte superior da parcela, á dereita do sendeiro que conduce cara ao pazo, onde antigamente tamén había un viñedo de albariño.
    Hoxe en día, xunto ao pombal e a árbore atópase plantado un piñeiro descendente do exemplar catalogado e outro, de maior tamaño, descendente do coñecido e xa desaparecido piñeiro de Marxión.
    No lugar tamén destacan un conxunto de castiñeiros plantados en 1977, xunto á antiga casa de empregados; unha moreira de considerables dimensións; tres camelias antigas e un caqui.

Localización