Árbores senlleiras

OLIVEIRA do paseo de Alfonso XII

  • Especie: Olea europaea L. var. europeae
  • Familia: Oleaceae
  • Localizacion natural: rexión mediterránea
  • Idade: 200 anos
  • Porte: 15,70 m
  • Tronco: 3,10 m
  • Copa: 15 x 13,5 m
  •  
  • Concello: Vigo
  • Parroquia: Vigo
  • Lugar: Vigo
  • Altitude: 40 m s. n. m.
  • Coordenadas: 42.236927, -8.728124
  •  
  • Propietaria/o: Concello de Vigo
  • Historia
  • É un fillo da memorable oliveira da colexiata de Santa María, pé multisecular de porte asombroso que desapareceu a principios do século XIX. A árbore foi cortada con motivo da construción da nova igrexa e a ela se debe o feito de chamarlle a Vigo Cidade Olívica e ás viguesas e vigueses fillos da oliva. Un vigués ilustre, Cayetano Parada y Pérez de Limia, separou unha póla da árbore proxenitora e plantouna na súa horta familiar. Conseguiu un fillo lexítimo que, por desexo expreso dos seus descendentes, pasou posteriormente ao lugar que ocupa.
  • Entorno
  • O paseo de Alfonso XII está en pleno núcleo urbano. É unha vía de gran tránsito rodado e peonil, aspectos que potencian a celebridade do histórico individuo, aínda que preocupan a contaminación ambiental e o pavimento lousado. A oliveira está rodeada por un enreixado metálico de ornato e protección, adornada con catro escudos da cidade e unha placa conmemorativa.

Localización