Árbores senlleiras

METROSÍDERO da finca de Besada

  • Especie: Metrosideros robusta A. Cunn.
  • Familia: Myrtaceae
  • Localizacion natural: Nova Zelandia
  • Porte: 15,7 m
  • Tronco: 1,92 m
  • Copa: 10,60 m
  •  
  • Concello: Poio
  • Parroquia: Besada
  • Lugar: Poio
  • Altitude: 38,1 m s. n. m.
  • Coordenadas: 42.432123, -8.663043
  •  
  • Propietaria/o: Concello de Poio
  • Historia
  • O pazo, do último terzo do século XIX, foi construído para o avogado e político Augusto González Besada, ministro de Facenda, Gobernación e Fomento durante o reinado de Alfonso XIII.

    A casa é de estilo similar ao pazo de Lourizán, pero de menores dimensións, e está rodeada dun xardín con especies foráneas entre as que se atopa o exemplar senlleiro. Posiblemente se trate do único exemplar desta especie do seu calibre e idade en Galicia, polo que o seu interese é moi alto. Os xardíns, propiedade do Concello de Poio, foron saneados e remodelados en 2011 despois de estaren varios anos en estado de abandono total.

  • Entorno
  • O xardín do pazo ten unha colección botánica con varias especies exóticas. Xunto ao exemplar de metrosídero destacan unha Araucaria angustifolia, un Cedrus deodara e tamén unha Sequoia sempervirens.

Localización