Árbores senlleiras

FRAGA DE CATASÓS

Fraga de Catasós
  • Especie: Castanea sativa Mill.; Quercus robur L.
  • Familia: Fagaceae
  • Localizacion natural: sueste de Europa, Asia Menor e Cáucaso; Europa, Asia Menor e norte de África
  • Idade: entre 100 e 150 anos
  • Porte: 31,70 m e 28,20 m
  • Tronco: 3,80 m e 4,70 m
  •  
  • Concello: Lalín
  • Parroquia: Catasós
  • Lugar: Quintela
  • Altitude: 571,3 m s. n. m.
  • Coordenadas: 42.635833, -8.095278
  •  
  • Propietaria/o: Aurora Quiroga Quiroga. Pazo de Quintela
  • Historia
  • Esta fraga de excepcionais exemplares de castiñeiro e carballo foi propiedade da familia Quiroga de Catasós, residente do pazo deste lugar. En 1864 un dos herdeiros casou con Emilia Pardo Bazán, que anos máis tarde escribía aquí boa parte do seu libro Os pazos de Ulloa.

    Na década dos setenta persoal técnico da FAO considerou os castiñeiros desta fraga os de mellor porte forestal de Europa.

    En 1998 a fraga pasou a ser propiedade da Consellería de Agricultura e Medio Ambiente e no 2000 foi declarada Monumento Natural pola Xunta de Galicia.

    Esta paraxe natural estivo ameazada cando se intentou instalar unha liña eléctrica de alta tensión entre O Irixo e Lalín. O Concello denegou a licenza no 2017 debido á insuficiente valoración do impacto que as obras suporían no ámbito paisaxístico da fraga, xa que o proxecto ocasionaría a tala masiva de árbores (ao redor de 2.000 pés), na súa maioría centenarias.

    Tiveron moita relevancia para impedir este proxecto a mobilización veciñal e a plataforma Salvemos Catasós.

  • Entorno
  • Este contorno natural, composto de 5 hectáreas de sobreiras, carballos e castiñeiros, plantados moitos deles a comezos do século XIX, está situado cerca de Lalín, que experimentou nas últimas décadas un forte desenvolvemento urbanístico.

Localización