Árbores senlleiras

FIGUEIRA DO MECO

Figueira
  • Especie: Ficus carica L.
  • Familia: Moraceae
  • Localizacion natural: rexión mediterránea e suroeste de Asia
  • Idade: máis de 300 anos
  • Porte: 5 m
  • Tronco: non ten
  • Copa: 4 x 2 m
  •  
  • Concello: O Grove
  • Lugar: Siradella
  • Altitude: 120 m s.n.m.
  • Coordenadas: 42.469175, -8.878611
  •  
  • Propietaria/o: Concello do Grove
  • Historia
  • A súa antigüidade remóntase, polo menos, ao século XVII, pois aparecen referencias a ela nun escrito do Padre Sarmiento. Segundo a lenda, nela foi aforcado o Meco, axustizado polos seus abusos ás mulleres do Grove. Á pregunta formulada polo xuíz, "Quen matou o Meco?", a resposta da veciñanza foi: "Ao Meco matámolo todos", polo que o asasinato quedou sen castigo. Esta lenda popular está tan arraigada no municipio que as persoas do Grove son coñecidas como mecas e mecos.

    En febreiro de 2017 púxose en marcha un proxecto de clonación do exemplar para garantir a súa continuidade. O persoal técnico da Estación Fitopatolóxica Areeiro tomou mostras da árbore, enraizou o material extraído e conseguiu exemplares idénticos a esta emblemática figueira. Tres destas novas árbores plantaranse nas proximidades, unha no mesmo monte da Siradella e outras dúas no Corgo, como testemuñas da historia que representan.

  • Entorno
  • Trátase dunha árbore rochosa, localizada na cima do monte da Siradella, cerca do Centro de Interpretación Ambiental. Pódese acceder á árbore a través dunha rústica escalinata por un espazo de gran valor paisaxístico e natural, presidido pola enseada do Grove e o istmo da Lanzada, áreas naturais protexidas (Zonas Húmidas de Importancia Internacional e Zona de Especial Protección para as Aves).

Localización