Árbores senlleiras

FAIA do pazo de Castrelos

Faia
  • Especie: Fagus sylvatica L.
  • Familia: Fagaceae
  • Localizacion natural: Europa occidental e central
  • Idade: entre 110 e 130 anos
  • Porte: 45,6 m
  • Tronco: 3,65 m
  • Copa: 24,80 m
  •  
  • Concello: Vigo
  • Parroquia: Castrelos
  • Lugar: Vigo
  • Altitude: 50 m s. n. m.
  • Coordenadas: 42.214980, -8.728229
  •  
  • Propietaria/o: Concello de Vigo
  • Historia
  • Ante a ausencia de fontes informativas precisas, a dendrometría certifica a súa existencia desde o último cuarto do século XIX, cando se converteu a Finca da Marquesa en xardín, coñecido na actualidade como parque de Castrelos. Debido ás súas características chama a atención, polo que é inevitable a súa contemplación e a conseguinte admiración que suscita entre as visitas que se achegan ao parque vigués.

    O seu nome procede da palabra grega que se refire ao verbo comer, pois as súas sementes (faiuchos) consómense desde a Prehistoria en toda Europa. No mes de setembro esta enorme faia, plantada a finais do século XIX, produce nutritivas e riquísimas sementes.

  • Entorno
  • O pazo de Castrelos conta con 23 hectáreas e é un dos expoñentes por excelencia das propiedades señoriais galegas e españolas, cun magnífico pazo e espléndidos xardíns. O auditorio é o mellor referente arquitectónico para chegar ata a parella de faias veteranas, camiñando cara ao fondo do terreo en dirección oposta ao pazo, no medio dun arboredo denso, profuso e de varias especies, coma plátanos de sombra e carpes monumentais.

Localización