Árbores senlleiras

EUCALIPTO AZUL do pazo de Barrantes

Eucaliptos
  • Especie: Eucalyptus globulus Labill.
  • Familia: Myrtaceae
  • Localizacion natural: sudeste de Australia e Tasmania
  • Idade: entre 100 e 125 anos
  • Porte: 37 m; 44 m e 32 m
  • Tronco: 8,10 m; 6,10 m e 5,60 m
  • Copa: 26 m; 20 m e 22 m
  •  
  • Concello: Ribadumia
  • Parroquia: Barrantes
  • Altitude: 20 m s. n. m.
  • Coordenadas: 42.497020, -8.776979
  •  
  • Propietaria/o: familia Creixell
  • Historia
  • A orixe do pazo remóntase ao século XVI. Este pazo galego, construído con cantería e granito, está ligado á historia da familia Creixell desde hai máis de catro séculos. Don Vicente Cebrián Sagarriga, conde de Creixell, puxo a primeira pedra da bodega que desde 1991 traballa a viña cultivada en perfecta consonancia arquitectónica co pazo.

    A plantación dos eucaliptos forma parte do proxecto de xardinaxe orixinal do derradeiro cuarto do século XIX. Trátase dunha dobre ringleira que conduce á entrada do pazo desde a estrada xeral.

    O paseo ocupa un lugar de honra no mapa xeográfico de eucaliptos galegos. A carreira debe a súa categoría á rareza compositiva, por non ser unha especie habitual nesta clase de xeracións e pola incomparable fermosura dos exemplares vetustos con copas desgairadas, troncos formidables e cortizas desprendidas en tiras. Ademais, xeran un ambiente saudable, impregnando o aire cun aroma inconfundible.

  • Entorno
  • O pazo de Barrantes (de 10 ha), de gran renome e celebridade na comarca do Salnés e na provincia de Pontevedra, conta cunha interesante arquitectura e un extenso terreo agrícola dedicado á plantación de albariño. A carreira de eucaliptos é coetánea ao proxecto paisaxístico. Está disposta na entrada da posesión ao longo do tramo recto do paseo, que arranca desde o portalón e chega ata o paseo de camelias.

Localización