Árbores senlleiras

EUCALIPTOS do pazo de Rubianes

Eucaliptos
  • Especie: Eucalyptus globulus Labill.
  • Familia: Myrtaceae
  • Localizacion natural: sueste de Australia e Tasmania
  • Idade: entre 130 e 140 anos
  • Porte: 55,20 m e 52,80 m
  • Tronco: 12,15 m e 10,55 m
  • Copa: 26 m e 29,40 m
  •  
  • Concello: Vilagarcía de Arousa
  • Parroquia: Rubiáns
  • Lugar: A Feira Nova
  • Altitude: 70 m s. n. m.
  • Coordenadas: 42.577610, -8.732872
  •  
  • Propietaria/o: marquesa de Rubianes
  • Historia
  • A propiedade é da Idade Media, cando no século XII a familia Caamaño, titular da casa de Noia, se establece na beira oposta da ría. En 1535 escíndense as casas de Noia e Rubianes e Felipe II concédelle á familia García Caamaño o título de marquesado de Rubianes e cédelle os territorios de Santa Baia de Airalonga. A lenda "Caamaño avante coa cruz diante" abre as portas do pazo, do século XVIII, que deixa ver a súa antiga condición de casa forte.

    Ao redor desta familia creouse un burgo mariñeiro que posteriormente deu lugar á Vila de García, os cimentos da actual Vilagarcía de Arousa, que adoptou como escudo o propio da familia.

  • Entorno
  • O pazo está situado na ría de Arousa (Pontevedra). A propiedade comprende un edificio palaciano, en bo estado de conservación, un xardín, un cinto arborado e un viñedo de uva de variedade albariño de 21 hectáreas. Na propiedade podemos contemplar sete exemplares de eucaliptos: cinco deles na capela e na vaquería, outro no campo agrícola occidental (zona antiga do parque e carreira de buxos) e un último espécime na casa do caseiro e estanque de ras.

    Os exemplares están situados en varias zonas do xardín, todos con características semellantes e incluídos perfectamente no xardín palaciano. Ao atopárense en zonas axardinadas están rodeados de praderías ou camiños ben coidados, limpos e segados.

Localización