Árbores senlleiras

CUNNINGHAMIA do pazo de Gondomar

Cunninghamia
  • Especie: Cunninghamia lanceolata (Lamb.) Hook
  • Familia: Taxodiaceae
  • Localizacion natural: centro e sur da China
  • Idade: 130 anos
  • Porte: 40,20 m
  • Tronco: 4,60 m
  • Copa: 15,90 m
  •  
  • Concello: Gondomar
  • Parroquia: Gondomar
  • Lugar: Gondomar
  • Altitude: 50 m s. n. m.
  • Coordenadas: 42.106358, -8.761836
  •  
  • Propietaria/o: Gonzalo Fernández de Córdoba y Calleja
  • Historia
  • O pazo de Gondomar foi levantado, presumiblemente, sobre os restos dunha fortaleza medieval e serviulle de residencia a Diego Sarmiento de Acuña, conde de Gondomar, título que recibiu de Felipe III. Foi unha das figuras máis importantes da diplomacia española e chegou a ser nomeado embaixador de España en Londres. En vida do conde o pazo viviu a súa época de máximo esplendor, cunha grande extensión de terreo rodeado por unha muralla que chegaba ata as mesmas portas do que hoxe é a casa do Concello de Gondomar. Posiblemente a plantación do conxunto de cunninghamias, entre as que se atopa esta, sexa da época do proxecto orixinal do xardín realizado en 1860, época de Diego Sarmiento. Este monumento foi declarado Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia.

    Tradicionalmente, as veciñas e veciños de Gondomar recollen ramiñas desta árbore para a confección das alfombras do Corpus Christi.

  • Entorno
  • Forma parte dun grupo de exemplares da mesma especie situados fronte á fachada principal do pazo.

Localización