Árbores senlleiras

CUNNINGHAMIA do Parque-Xardín de Caldas de Reis

Cunninghamia
  • Especie: Cunninghamia lanceolata (Lamb.) Hook. f.
  • Familia: Taxodiaceae
  • Localizacion natural: centro e sur da China
  • Idade: 100 anos
  • Porte: 31 m
  • Tronco: 1,7 m
  • Copa: 7,65 m
  •  
  • Concello: Caldas de Reis
  • Parroquia: Caldas de Reis
  • Lugar: Parque-Xardín
  • Coordenadas: 42.604077, -8.640713
  •  
  • Propietaria/o: Concello de Caldas de Reis
  • Historia
  • Non existe constancia escrita ou documentada da súa chegada e plantación pero suponse que coincide co momento da implantación do Parque-Xardín, unido ao proxecto de termalismo da vila do século XIX.

    Trátase dun xardín centenario, cunhas sesenta especies de árbores e arbustos dos cinco continentes. Está considerado un dos conxuntos botánicos máis interesantes da provincia, goza do galardón de Paraxe Pintoresca desde 1962 e está catalogado na actualidade como Ben de Interese Cultural.

    Este exemplar xa foi citado por Rafael Areses no seu libro Nuestros parques y jardines. Contribución al conocimiento de las plantas exóticas cultivadas en España, Galicia. Tomo I, Pontevedra (1953).

  • Entorno
  • A cunninghamia, que destaca pola súa elevada altura, atópase en pleno centro do parque rodeada dunha densa masa arbórea de criptomerias, plátanos de sombra, camelias e árbores de té, de portes e idades considerables.

Localización