Árbores senlleiras

CRIPTOMERIA XAPONESA do pazo de Lourizán

Criptomeria
  • Especie: Cryptomeria japonica (L.f.) D.Don.
  • Familia: Cupressaceae
  • Localizacion natural: Xapón
  • Porte: 35,4 m
  • Tronco: 3,03 m
  • Copa: 12,60 m
  •  
  • Concello: Pontevedra
  • Parroquia: Lourizán
  • Lugar: pazo de Lourizán
  • Altitude: 35,4 m s. n. m.
  • Coordenadas: 42.407469, -8.665271
  •  
  • Propietaria/o: Deputación de Pontevedra
  • Historia
  • O pazo de Lourizán atópase na vertente norte do macizo do Morrazo, ao fondo da ría de Pontevedra, entre as poboacións de Pontevedra e Marín. As orixes da propiedade remóntanse ao século XV, cando esta aínda era unha granxa. No século XIX o político Montero Ríos adquire a leira e convértea na súa residencia de verán e tamén nun importante foro de reunión das personalidades máis influentes do momento.
  • Entorno
  • O pazo conta con 54 hectáreas de xardín, leira e arboredo. Posúe un importante xardín botánico, con especies exóticas e autóctonas, creado en 1949 baixo a denominación de Arboreto, que reúne especies plantadas no xardín desde o século XIX ata a actualidade.

    Esta árbore está citada como exemplar singular no libro Flora ornamental de España (Lillo e Ramos, 1972).

Localización