Árbores senlleiras

CRIPTOMERIA ELEGANTE do pazo de Oca

Criptomeria Elegante
  • Especie: Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don ‘elegans'
  • Familia: Taxodiaceae
  • Localizacion natural: China e Xapón
  • Idade: entre 125 e 150 anos
  • Porte: 28 m
  • Tronco: 4,30 m
  • Copa: 20 x 15,80 m
  •  
  • Concello: A Estrada
  • Parroquia: Oca
  • Lugar: plaza de Oca
  • Altitude: 170 m s. n. m.
  • Coordenadas: 42.745760, -8.395037
  •  
  • Propietaria/o: Fundación Casa Ducal de Medinaceli, Sevilla
  • Historia
  • Á falta de fontes documentais ou referencias bibliográficas concretas, a observación dendrométrica permítenos afirmar que a criptomeria elegante forma parte das plantacións arboradas efectuadas desde a segunda metade do século XIX con motivo do proxecto de ampliación dos espazos axardinados; a súa chegada ao pazo dataría do último terzo. Este espécime figura como un dos representantes máis relevantes da súa especie cultivados en Galicia.
  • Entorno
  • O pazo de Oca, a propiedade señorial por antonomasia de Galicia, é de mediados do século XV e os seus espléndidos xardíns abarcan 14 hectáreas.

    A criptomeria elegante localízase no xardín xeométrico, en posición centrada e próxima á porta de paso desde o patio. Este contorno atesoura unha abundante e valiosa flora, xa que nel atopamos unha camelia reticulada, tamén senlleira, un teixo fastixiado, unha sequoia vermella de impoñente porte, magnolias grandifloras e unha masa de camelias.

Localización