Árbores senlleiras

CRIPTOMERIA do parque botánico de Soutomaior

Criptomeria
  • Especie: Cryptomeria japonica (L. f.) D. Don
  • Familia: Taxodiaceae
  • Localizacion natural: Xapón
  • Idade: entre 130 e 150 anos
  • Porte: 28,70 m
  • Tronco: 5,52 m
  • Copa: 11,80 m
  •  
  • Concello: Soutomaior
  • Parroquia: Soutomaior (San Salvador)
  • Lugar: Soutomaior
  • Altitude: 180 m s. n. m.
  • Coordenadas: 42.329596, -8.566788
  •  
  • Propietaria/o: Deputación de Pontevedra
  • Historia
  • A plantación desta criptomeria correspóndese coa execución do proxecto de axardinamento practicado con motivo da transformación do castelo en pazo a partir do ano 1870, durante a remodelación do castelo e a súa contorna na época do marqués da Vega de Armijo. Desde entón e ata hoxe, na súa condición centenaria, a árbore converteuse nun espécime sensacional, de orixinal e sorprendente feitura, e pasou a ser un dos representantes da súa especie máis grandiosos de Galicia. O seu valor só se ve minguado polo manifesto grao de deterioro que presenta.

    Esta árbore está citada como exemplar singular no libro Flora ornamental de España (Lillo e Ramos, 1972).

  • Entorno
  • O castelo de Soutomaior está situado nun lugar privilexiado pola ampla paisaxe que se divisa desde alí.

    A torre defensiva orixe do castelo é do século XII, aínda que será con Pedro Álvarez de Soutomaior, coñecido como Pedro Madruga, con quen alcance o seu máximo esplendor como epicentro da actividade política do sur de Galicia durante o século XV.

    O terreo comprende 25 hectáreas. A orixe do parque e dos xardíns vén dos marqueses da Vega de Armijo e de Mos cara a 1870. Considérase o xardín botánico máis importante de Galicia.

Localización