Árbores senlleiras

CEDRO DO LÍBANO do pazo de Lourizán

Cedro
  • Especie: Cedrus libani A. Rich.
  • Familia: Pinaceae
  • Localizacion natural: Líbano, Siria e sueste de Turquía
  • Idade: entre 100 e 130 anos
  • Porte: 32,30 m
  • Tronco: 5,38 m
  • Copa: 25,30 m
  •  
  • Concello: Pontevedra
  • Parroquia: Lourizán
  • Lugar: pazo de Lourizán
  • Altitude: 40 m s. n. m.
  • Coordenadas: 42.409487, -8.664755
  •  
  • Propietaria/o: Deputación de Pontevedra
  • Historia
  • O pazo de Lourizán atópase na vertente norte do macizo do Morrazo, ao fondo da ría de Pontevedra, entre as poboacións de Pontevedra e Marín. As orixes da propiedade remóntanse ao século XV, cando esta aínda era unha granxa. No século XIX o político Montero Ríos adquire a leira e convértea na súa residencia de verán e tamén nun importante foro de reunión das personalidades máis influentes do momento.

    O pazo conta con 54 hectáreas de xardín, leira e arboredo. Posúe un importante xardín botánico, con especies exóticas e autóctonas, creado en 1949 baixo a denominación de Arboreto, que reúne especies plantadas desde o século XIX ata a actualidade.

    O cedro foi plantado no último cuarto do século XIX durante a construción do xardín.

  • Entorno
  • O cedro ocupa un lugar preponderante no xardín fronte á escalinata que dá acceso á entrada do edificio principal. A ambos lados e pola parte inferior está flanqueado de exemplares de camelia xapónica e de rododendros de grandes dimensións que crecen á súa sombra. Actualmente o paseo de terra cambiouse por un camiño de lousas que puideron romper o equilibrio da árbore, que parece estar algo afectada, xa que se observan zonas secas.

Localización